Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA

Liña de actuación 11

CREACIÓN DE PASARELAS VERDES DE CONTINUIDADE URBANA SOSTIBLE E SEGURA

NECESIDADES

Esta liña de actuación actúa transversalmente na resolución de:

OBXECTIVOS

  • Esta operación permitirá mellorar a seguridade urbana, mediante as melloras realizadas nas sendas que comunican núcleos rurais periurbanos co centro urbano de Lalín.

  • Mellorará a paisaxe e a habitabilidade e usabilidade dos espazos verdes, promovendo a integración dos devanditos espazos en zonas tradicionalmente transitadas por vehículos a motor.

  • Facilitará a mobilidade urbana sostible (peón e bicicleta).

  • Establecerá as condicións para evitar procesos de fragmentación física e social na cidade.

Tramos

Tramo 01

TRAMO DE RODO:

Distancia: 300 metros.

Antes: Carballeira e souto municipal.

Traballos realizados:
- Movemento de terras para a apertura do terreo.
- Colocación de luminarias.
- Execución do pavimento terrizo natural e resistente que respecte o medio ambiente.

Conexión: Conecta o vial perimetral SG-V (rolda Leste) coa rúa do Rodo a través da carballeira existente.

Tramo 02

TRAMO DE XAXÁN:

Distancia: 500 metros.

Antes: Cuneta existente pertencente á rede viaria da Deputación de Pontevedra.

Traballos realizados:
- Movemento de terras, instalación de sistemas de pluviais e sumidoiros.
- Execución e sinalización informativa do paso de peóns elevado.
- Pintado sobre pavimento asfáltico. Pintado de sinais horizontais.
- Instalación de mouteira de granito, de pavimento terrizo natural e resistente que respecte o medio ambiente e da iluminación.

Enlace: Conecta o vial perimetral SG-V (rolda Leste) coa pista municipal pola que se accede a Xaxán.

Tramo 03

TRAMO DE GOIÁS:
Distancia: 400 metros.

Antes: Cuneta existente pertencente á rede viaria nacional e parte do parque público municipal.

Traballos realizados:
- Movemento de terras, instalación de sistemas de pluviais e sumidoiros.
- Pavimento terrizo natural e resistente que respecte o medio ambiente impermeabilizado e estabilizado con aglutinante.
- Plantación de magnolias en contorna da senda.
- Colocación de luminarias.

Enlace: Conecta o vial perimetral SG-V (rolda Leste) coa pista municipal pola que se accede a Xaxán.

RESULTADOS

  • Mellora da conectividade e da mobilidade sostible entre o centro urbano e as zonas rurais.
  • Mellora do medio ambiente e da paisaxe.
  • Incremento dos usos sostibles das estradas convencionais.
  • Incremento e mellora dos usos recreativos no rural.
  • Mellora da inclusión social, especialmente das persoas con mobilidade reducida.

Datos

inversión total
308.242,79 €
0%
FEDER
246.594,23 €
0%
concello
61.648,56 €
0%

NOTICIAS

O CONCELLO LICITA AS OBRAS DE REMODELACIÓN DA AVENIDA XOSÉ CUIÑA PARA CONVERTELA NUNHA VÍA-PARQUE DE 30 METROS DE ANCHO E NUN VIARIO ESTRUTURANTE DE LALÍN

O Concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, vén de licitar os traballos de remodelación da Avenida Xosé Cuíña...

O CONCELLO DE LALÍN POTENCIA OS VALORES PATRIMONIAIS E NATURAIS DA CONTORNA RURAL COAS PASARELAS VERDES PEONÍS DO RODO, DE XAXÁN E DE GOIÁS

Os tres sendeiros teñen raíces comúns, xa que formarían parte do que eran as antigas parroquias de San Cristovo da Pena e de San Miguel de Goiás.

O CONCELLO DE LALÍN HABILITA PASARELAS VERDES NO RODO, EN XAXÁN E EN GOIÁS PARA MELLORAR A MOBILIDADE SOSTIBLE ENTRE O NÚCLEO URBANO E A SÚA CONTORNA

O obxectivo é reducir as barreiras físicas que dificultan a mobilidade sostible entre o centro de Lalín e os seus núcleos periurbanos.